“Especial Madeleine McCann” (Cuatro, 00.10 h.)

“Especial Madeleine McCann” (Cuatro, 00.10 h.)

18 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

No día 2 despois da humillante derrota de Soraya en Eurovisión, o máis duro golpe para a radiotelevisión estatal en anos, os teleadictos máis patriotas sufrirán para prender de novo o televisor, e cando o fagan asistirán resignados á invasión de produtos estranxeiros. Velaí está Cuatro, que hoxe presume de estrear dúas pezas documentais británicas horas antes de que saian ao aire no país do te con pastas e a po

Así como situarse entre dous espellos provoca unha situación irreal e desconcertante, o mesmo efecto tírase da contraposición destas dúas emisións que enfrontan o binomio de teses que se manteñen arredor da desaparición no Algarve portugués hai xa dous anos da pequena nena británica Madeleine McCann. “Maddie, la verdad de la mentira”, segue os pasos da investigación da policía portuguesa que dende o principio sospeitou que ese matrimonio modélico, os McCann, artellou unha pantomima para camuflar a súa terrible implicación no misterio. Pola contra, “Madeleine estuvo aquí”, semella un panexírico financiado polos propios pais como coartada e no que se relatan os seus esforzos na procura da súa nena.

Da confrontación destas dúas vías que se acusan mutuamente, o espectador avezado deberá tirar as súas propias conclusións que, en calquera caso e polo de agora, sempre apuntan no mesmo camiño: o do morbo construído arredor dunha nova traxedia familiar transformada en espectáculo multimedia, como se as novelas de Agatha Christie contemporáneas se escribisen entre portadas de The Sun e Hello, talk shows e documentais como os que esta noite emite Cuatro a partir dez minutos despois da medianoite.

Sociedade