“Estás invitado” (Antena 3, 22 h.)

“Estás invitado” (Antena 3, 22 h.)

25 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O pudor é unha construción humana que nos protexe de nós mesmos. Un profesor da facultade teorizaba unha e outra vez sobre a importancia capital desa vergoña matizada que exerce de dique de contención nas relacións humanas. Os estudantes non sempre prestamos a atención debida, pero co paso do tempo un acáballe dando a razón a algunha das vellas leccións. Os códigos civís do dereito deberían se cadra abrir algún

No programa aniversario os convidados, protagonistas aparentemente descoñecidos entre si, convivirán durante as horas previas ao programa sen saber que os unen lazos familiares moi importantes. A resolución, ao cabo duns minutos e coas cámaras ben pegadas ás glándulas lacrimais, xa sabemos como será: un espectáculo de choros que estourarán como unha orxía pirotécnica para xerar unha onda de empatía en boa parte da audiencia e un severo malestar de estómago noutra entre a que me inclúo. Impertérrita, accionando o detonador das miserias en público estará Sandra Daviú, a condutora de “El Diario” dende que Patricia, se cadra co depósito da vergoña allea cheo, abandonara o programa hai agora un ano. Mais como se dunha película de “Star Wars” se tratase, Patricia, o Emperador, volve hoxe ao trono para examinar como a súa moza padawan -Davíu no papel de Anakin Skywalker- o está a facer no seu proceso de conversión a Darth Vader, ama e señora do lado escuro da televisión.

Testemuños impúdicos tratados como números de circo para solitarios de sofá. Triste estampa a de “Estás Invitado”, o melodrama en tempo real que emite esta noite Antena 3 a partir das dez.

Sociedade