“Eurozone” e “As do peixe” logran a maioría de premios María Casares

“Eurozone” e “As do peixe” logran a maioría de premios María Casares

28 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

"Eurozone", de Chévere, gañou o premio ao mellor espectáculo de teatro galego do último ano na gala dos XVIII Premios María Casares que se entregaron na noite de onte no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Un total de 11 producións teatrais competían nas trece categorías nas que se dividen os galardóns do teatro, organizados pola Asociación de Actores e Actric

Máis de 550 convidados, entre profesionais do sector, asociados, xornalistas e convidados en xeral asistiron ao espectáculo ideado pola compañía Ibuprofeno, que este ano transformou a gala nun furancho. Marián Bañobre e Isabel Risco presentaron a gala, dirixida por Santiago Cortegoso. Pola súa banda, o xornalista Camilo Franco leu o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro. No seu texto, destacou que o teatro “é unha arma de organización masiva” contra os problemas do mundo. Ademais, o tamén crítico teatral subliñou que a escena é “un espello para decatarnos de que somos moi malos: querémonos mal e matámonos moi ben". Dadas as circunstancias da actualidade, asegura,"o teatro debe poñer o mundo a andar".

Reproducimos a seguir a relación completa dos XVIII Premios María Casares do teatro galego:

Eurozone (4): mellor iluminación (Fidel Vázquez); escenografía (Chévere—Javier Domingo Ballestín); actriz secundaria (Patricia Lorenzo); espectáculo (Eurozone)

As do Peixe (3): mellor texto orixinal (Cándido Pazó); mellor actriz protagonista (Susana Dans); mellor dirección (Cristina Domínguez)

Bye Bye Honey (2): música orixinal (Carlos Mosquera ‘Mos’); actor secundario (César Goldi)

A Charca Inútil (1): mellor adaptación-tradución (Xosé Manuel Pazos Varela)

Walt (1): mellor vestiario (Uxía P. Vaello)

C’est la vie (1): mellor Maquillaxe (Trini Silva)

As mil vidas de Matias Houseman (1): mellor actor protagonista (Josito Porto)

Cultura