“Foi o partido máis compricado que tivemos este ano e gañamos” declarounos o técnico do Val Juan Carlos Fernández

“Foi o partido máis compricado que tivemos este ano e gañamos” declarounos o técnico do Val Juan Carlos Fernández

26 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A S.D. O Val gañou o derbi da “preferente” ante o Galicia de Mugardos. O equipo valexo venceu pola mínima grazas ao gol do portugués Enmanuel. O Galicia non poido materializar as súas ocasións e o Val tampouco poido “matar” o partido. Polo tanto foi un partido moi igualado e o máis compricado que tivo que afrontar o Val recoñeceu Juancar Fernández nos micrófonos de Radiofusión.

A S.D. O Val atópase na sétima posición da clasificación xeral con 16 puntos. Leva catro vítorias, catro empates e unha derrota acumulada. O conxunto valexo atópase a dous puntos do segundo clasificado o Mesón do Bento. Polo tanto moita igualdade hai na Preferente xa que dende o Betanzos que é lider e ata O Val que ocupa a sétima praza hai cinco puntos de diferencia.

Deportes