“Galiza”, o país segundo Manuel María

“Galiza”, o país segundo Manuel María

06 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

No arquivo persoal de Manuel María, entre manuscritos do escritor, atoparon os encargados de analizar o seu legado Galiza. A obra vén de ser publicada pola Fundación Manuel María de Estudos Chairegos e, probablemente, foi escrita no 1986 ou 1987 polos datos que constan no propio texto mecanografado. O catedrático de Lingua Galega da Universidade da Coruña e prologuista da obr

A ollada de escritor de Manuel María está tamén moi presente no libro. Constantemente alude a versos de Ramon Cabanillas e textos de Otero Pedrayo ou Noriega Varela, entre outros. O poeta comeza pola lírica medieval, pasando pola literatura popular; pero sen desbotar tampouco costumes e tradicións populares.

Tamén na narración está presente a súa vea literaria. Para darlle un tratamento máis didáctico, e amosar a visión histórico-xeográfica e costumista da Galicia, Manuel María recorreu a unha forma novelada. Comeza situándonos en Xenebra, onde uns rapaces, fillos de galegos, amosan interese por coñecer a terra de seus pais. Cada un deles comprométese a preparar un tema sobre un aspecto de Galicia: literatura, paisaxe, historia... Dunha forma dialogada van expondo esa visión de conxunto, que non é outra que a que ten o propio autor.

Un texto presentado dun xeito ameno, especialmente atractivo para os rapaces; aínda que, como salienta Freixeiro, “isto non é impedimento para que a obra teña interese para un público xeral, xa que combina o afán educativo con esa visión totalizadora feita por un home que coñecía Galiza como ninguén”. Manuel María parte dunha Galicia real, mais baixo a óptica dunha persoa profundamente galeguista que ten unha visión idealizada do seu país.

Xosé Ramón Freixeiro cre que, probablemente, aínda que non o sabe con certeza, Manuel María tería escrito esta obra por algún encargo destinado á xente moza. Non obstante, por algunha razón, quizais de carácter económico, o proxecto editorial non se completou.

O catedrático da UDC afirma tamén que Galiza “é unha obra plenamente actual porque o que fai o autor é ofrecernos a súa visión persoal do país e céntrase naqueles elementos que constitúen a esencia da nosa terra, o que a fai atemporal”. É certo que no libro hai algún aspecto concreto referente á industria ou á agricultura, que hoxe teñan mudado, pero é o mínimo, segundo Freixeiro.

A publicación conta con instantáneas de Manuel Graña e ilustracións de Xosé Cobas, que contribúen a presentar unha obra máis atractiva, axudando á comprensión dos textos. Son fotografías e debuxos de monumentos, paisaxes, feitos ou personalidades históricas. Esta era xa a idea de Manuel María, porque no orixinal mecanografado por el xa constaban unhas suxestións para inclusión de imaxes.

A Fundación Manuel María de Estudos Chairegos presentará Galiza en o 14 deste mes de decembro na Asociación Cultural “O Galo” de Santiago de Compostela.

Cultura