“Gente Extraordinaria: Narcolepsia” (Cuatro, 00.45 h.)

“Gente Extraordinaria: Narcolepsia” (Cuatro, 00.45 h.)

26 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Cando se fala de máquinas, un dos argumentos de venda que se ofrecen é o período de vida útil. As cousas son finitas e están sometidas a un período de desgaste, así que mesmo a construción mais robusta acabará por colapsar. De cote dise que o ser humano é a máquina máis perfecta, pero en termos de produtividade habería que concluír que a súa vida útil é pouca: un terzo do noso tempo neste m

O durmir precisa dunha cerimonia particular en cada caso, pero que de maneira comunmente establecida inclúe tomar a posición horizontal, abrigarse e apagar a luz. Mais a narcolepsia atormenta a quen a padece porque fai entrar de xeito instantáneo nun estado de stand-by, como cando apagamos a televisión: o corpo físico segue aí, pero sen emisión. Na reportaxe amósase o caso dunha muller que sofre de terribles alucinacións cando, como unha sonámbula de categoría, fica durmida en calquera lugar. Aínda máis extraordinaria é a historia dunha nena a quen se lle activa o sono cando ri, perdendo o coñecemento de maneira inmediata e sen que os doutores saiban o porque. Isto condénaa a unha vida vivida con casco para non abrir a crisma ou sometida constantemente á seriedade e as historias tristes para non perder o sentido.

Sociedade