“Kill Bill vol. 2” (Cuatro, 22.25 h.)

“Kill Bill vol. 2” (Cuatro, 22.25 h.)

29 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Se a única patria é a infancia, que dicía o poeta, o único paraíso verdadeiro é a adolescencia. Son eses anos púberes os do descontrol hormonal, as erupcións purulentas, a rebeldía, os conflitos paterno-filiais e os de loita de clases no instituto, pero tamén son os anos da paixón máis radical: a dos primeiros amores, e a da identificación con determinadas músicas, lecturas e outras proxeccións nas que c

Existe unha xeración de directores de cine frikis  e orgullosos de selo entre os que se inclúe sempre a Peter Jackson, Guillermo del Toro e Kevin Smith. Eles, pasados de quilos, con desaliño no seu aspecto persoal e entregados a falar de literatura de ficción, banda deseñada e videoxogos, encaixan no arquetipo. Pero, malia que garda a figura, Tarantino é tan ou máis devoto das súas filias adolescentes que todos eles. O seu caixón particular de xoguetes foi “Kill Bill”, o seu eloxio ao exceso referencial que tivo que partir en dous volumes.

Sen orde particular, hai na historia da Noiva que quere asasinar a Bill unha morea de mulleres de formas espectaculares letais e sanguinarias que devecen por demostrar todas esas cualidades; tamén samurais; medio oeste americano e Xapón tecnolóxico e tradicional; hai gore; combates a morte multitudinarios e particulares; hai motos e coches a toda velocidade; hai artes marciais; vellos senseis e criminais enmascarados; hai unha película de debuxos animados polo medio; e hai humor, violencia e morte.

Cuatro emite ás dez e vintecinco a segunda parte de “Kill Bill”, na que Uma Thurman enfrontarase por fin á súa némese, nunha continuación máis dialogada que a primeira metade, pero igualmente trepidante. “Kill Bill” é unha película exemplar: o soño húmido dun adolescente con diñeiro para facelo realidade.

Cultura