“La Señora” (TVE, 22 h.)

“La Señora” (TVE, 22 h.)

18 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Dende aquelas desventuras de Richard Chamberlain en “El Pájaro Espino”, un volcán de emocións baixo a sotana, sempre entre a devoción pía e a carnal, non hai serie de televisión con ministro de Deus na que non agardemos un momento de tentación. A fascinación polo celibato como fonte de tensión dramática non seca nas preferencias dos guionistas e mesmo, coa súa lixeira comicidade, tamén tivo Horacio Casares un rap

Coa chegada da Segunda República remata este dramón historicista que os que non seguimos somos incapaces de resumir, nin sequera atendendo á sinopse. Alicia chega coas probas suficientes para inculpar a Gonzalo, metelo no cárcere e destruílo, pero a información terá un prezo: que Alonso rache todo compromiso con Carlota. Porén a nena non fará o que lle diga o corazón, senón a cabeza. E ademais, Victoria Márquez, retorna aos brazos de Ángel, o seu único amor, quen deixa o sacerdocio.

Din que xa andan mal as vocacións, e ata na ficción non hai quen ature o celibato. Outra sotana se levanta en nome da audiencia co acto final de “La Señora”, que se emite en Televisión Española ás dez da noite.

Cultura