“Luar” (TVG, 21.40 h.)

“Luar” (TVG, 21.40 h.)

19 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Apañamos. Miren o calendario: é 19 de febreiro. Cando nos últimos días de setembro estean suando cuba libres ao calor das noites estivais no campo da festa, ou deshidratándose esmagados entre a multitude da discoteca, soarán uns acordes, vostedes axeonllaranse e pregarán, mirando cara o ceo, que fixeron para merecer isto. A xente láiase de que os escaparates con motivos do Nadal estean dispostos dende o mes de outubro, pero non son conscientes de que,

O home que se fixo millonario aprendéndonos que os verbos da primeira conxugación rematan en “aaaaaarrrrrr”, como “saltarrrrr”, bailarrrrr” ou “sen pararrrr”, retorna aos nosos oídos cun tema novo. Di a promoción do Luar que este enorme arxentino residente en Valladolid que lle comprou todos os restos de stock de túnicas de cores a Demis Roussos e Nanna Mouskuri compuxo outra canción fresca e divertida “para o verán”. En que mes pensan logo os programadores da TVG que estamos? Ou a calefacción está ao nivel das caldeiras do inferno en San Marcos e Dona Dana, ou alguén aínda non se decatou de que aínda non é tempo de retrousos sandungueros. Pero King África, que disto sabe moito, prefire empezar a súa hipnose sobre nós dende ben cedo. O invento chámase desta volta “Tiki y Taka” e fíao todo ao éxito futbolístico no Mundial de Sudáfrica. Polo ben dos nosos oídos, mellor que marche cedo a febre futboleira, así que voto pola tradicional eliminación en cuartos de final da selección. O “Luar” emítese, como todos os venres, despois das nove e media na Galega.

Cultura