“Luar” (TVG, 22 h.)

“Luar” (TVG, 22 h.)

08 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Se a muller coñecida como a hacker da pala (que cortou o cable do que dependía a conexión a internet da maior parte de Armenia e deixou incomunicado ao país) viaxase até aquí para facer a súa maxia silenciadora sobre o emisor principal da televisión e tivésemos que sacrificar toda a grella televisiva para poder ficar tan só cun único programa, a min non me cabe dúbida de que o programa omega, o último da súa es

“No te rías que es peor”, “Operación Triunfo”, “Mira quien baila”, “Tocata”, “Alalá”, “El Club de la Comedia”, “El Loco de la Colina” ou “Supermodelo” son ou foron programas con gran entidade propia que, reducidos a unha expresión máis pequena, representan agora tan só un contido máis dentro desa caixa dos Xogos Reunidos Gayoso da televisión na que se foi transformando o Luar. Sirva como exemplo o programa deste venres, onde entre o caos controlado de Mucha e Nucha asomará Luís Tosar presentando o disco da súa banda Di Elas, o deseñador Jandro Villa dará a coñecer a súa colección Madia Leva, veremos bailar a Los Vivancos, e celebraranse as semifinais do concurso musical Recantos entre outros moitos eventos, porque no “Luar” cabe todo. Pódese comprobar a partir das dez da noite na Televisión de Galicia.

Cultura