“Luces de Alén Mar” pousa na Casa da Cultura de Fene

“Luces de Alén Mar” pousa na Casa da Cultura de Fene

14 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Casa da Cultura de Fene acolle a primeira mostra do ano 2015.  “Luces de Alén  Mar. As escolas de americanos en Galicia”  poderá visitarse ata o día 31  de xaneiro. Está promovida polo  Consello da Cultura Galega (CCG), a través de su Arquivo da Emigración Galega, e conta  coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración.

A mostra “Luces de Alén Mar” dá conta, a través de distintos  paneis, do  compromiso solidario dos emigrantes galegos. A exposición subraia a dimensión da efeméride do centetario fundacional das Sociedades  Galegas de Instrucción radicadas en América e as súas realizacións escolares nas  localidades de procedencia dos emigrantes galegos. Comisariada por Vicente Peña  Saavedra, e documentada por Carolina García Borrazás e María Teresa García  Domínguez, é unha nova contribución do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da  Cultura Galega, á recuperación e posta en valor da memoria e o legado dos emigrantes.

Sociedade