“Móvete!” este verán co CMIX da Coruña

“Móvete!” este verán co CMIX da Coruña

31 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX) vén de pór en marcha a Campaña de Verán 2011 baixo o lema “Móvete!”. Unha actividade que convida aos mozos de dentro e fóra da cidade herculina a participar en diversas propostas como saídas de balde para descubrir lugares máxicos, concursos con premios que poñerán Europa ao alcance da xuventude e u

Co obxectivo de fomentar o espírito viaxeiro da mocidade, o CMIX organiza o III Concurso de Fotografía con Móbil Rkunchos, o VIII Certame Viaxarte de Fotografía de Viaxes, o Obradoiro de fotografía para viaxes e roteiros de turismo activo e mariñeiro de balde.

Ademais, no marco desta campaña estival, o centro pon a disposición dos rapaces un servizo especializado de información e asesoramento sobre viaxes, a Viaxeteca, a Blogoteca, acceso gratuíto a Internet ou tramitación de carnés específicos para a xuventude.

PROPOSTAS

Blogoteca viaxeira: selección dalgúns dos mellores espazos da rede en que se narran experiencias, anécdotas, recursos, trucos... Todas as opinións teñen cabida en www.coruna.es/nex.

Sitio no Facebook, para que nos sigas a pista e compartas as túas experiencias viaxeiras.

Turismo activo, roteiros e obradoiros de balde:

Obradorio de fotografía para viaxes: Queres mellorar a túa técnica fotográfica rodeado/a de xente coas túas mesmas inquietudes viaxeiras? Este é o teu obradoiro.

Cando: 7 e 8 de xullo

Para: mozas e mozos entre 14 e 30 anos

Roteiro e xornada de turismo mariñeiro: Goza dun roteiro polo Monte Louro e a Lagoa de Xarfas en Muros e dunha xornada mariñeira para coñeceres o noso patrimonio etnográfico e natural en Lira e remata a xornada cunha visita á fervenza do Ézaro.

Cando: 14 e 15 de xullo

Para: mozas e mozos entre 14 e 30 anos

Inclúe: transporte, cea e aloxamento o primeiro día, almorzo e xantar do segundo día.

Xeira de turismo activo: ven gozar dun roteiro en Kayak pola ría do Barqueiro.

Cando: venres 5 de agosto

Para: mozas e mozos entre 14 e 30 anos

Viaxeteca. Recursos Documentais do Servizo de Información sobre Turismo Xuvenil

VIII Concurso de Fotografía de Viaxes. Viaxarte 2011

Se tes entre 15 e 30 anos, tráenos as mellores fotografías das túas viaxes do 1 de xullo ao 2 de setembro de 2011, e poderás gañar unha fantástica viaxe a unha capital europea.

Exposición das fotografías presentadas ó Concurso "Viaxarte": as fotografías premiadas e unha selección das non premiadas serán expostas durante o mes de setembro no Fórum Metropolitano da Coruña e publicadas nesta páxina web.

III Edición do Concurso de Fotografía con móbil: Rkunchos 2011

O CMIX, coa colaboración de Renfe Alta Velocidad/Grandes Líneas e o Consorcio de Turismo da Coruña, pon en marcha a terceira edición do Concurso de Fotografía con Móbil Rkunchos, no que poderán participar mozos e mozas da Coruña de entre 15 e 25 anos (ambos incluídos), ata o 15 de xuño de 2011.

A través desta iniciativa, poderasnos ensinar o teu recuncho favorito da cidade baixo o teu prisma e terás a oportunidade de gañar dous billetes de InterRail para viaxar por Europa este verán.

Sociedade