“Navantia mira ao futuro apostando polas novas tecnoloxías e a internacionalización”, afirma Aurelio Martínez

“Navantia mira ao futuro apostando polas novas tecnoloxías e a internacionalización”, afirma Aurelio Martínez

27 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un de cada 10 traballadores de Navantia adícase á enxeñería, innovación, desenvolvemento e investigación. Cun 12% é a terceira empresa española que máis atención adica a eses capítulos, segundo asegurou esta mañá en Ferrol o presidente da empresa Aurelio Martínez.

En total Navantia inviste 108 millóns de euros en I+D+i. Un dato moi descoñecido para a maioría. Na actualidade o plantel ascende a 5.560 traballadores. Segundo explicou o presidente de Navantia, a empresa é unha industria de síntese, no que “se fan traxes a medida e non barcos en serie”. O  seu principal centro de traballo é o estaleiro de Fene – Ferrol conn 1.780 empregados. Martínez explicou que cara o futuro queren afianzarse como un constructor integral de excelencia, seguir apostando polas novas tecnoloxías, a internacionalización da empresa e a exportación. Neste senso, salientou que o mercado exterior resulta fundamental para avanzar, como na actualidade están a facer con Australia.

“Navantia. Los retos del futuro”. Baixo este nome o salón de actos do Campus de Esteiro (Ferrol) acolleu esta mañá a celebración dunhas xornadas adicadas á empresa naval. Nas intervencións analizouse o pasado, presente e futuro de Navantia.

Sociedade