“Noticias Cuatro 2” (Cuatro, 20.20 h.)

“Noticias Cuatro 2” (Cuatro, 20.20 h.)

18 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Levo uns días imbuído dun espírito corporativista que só me leva a falar da profesión xornalística e para culminar con esta semana grande do plumilla rematarei co programa xornalístico por excelencia na televisión, o informativo. E non atenderei a un calquera, senón ao telexornal dun tótem do oficio, Iñaki Gabilondo, quen vén de obter a miña admiración eterna por levar a cabo (a el si lle deixan) o so&

O informativo do serán da canle Cuatro entende que a sexta feira é día da fin de semana de cabo a rabo, así que se lle encomenda a súa condución a Marta Reyero e Miguel Ángel Oliver, os titulares do sábado e do domingo, liberando ao mito radiofónico, non tanto catódico, das súas obrigas laborais en venres.

A idea provócame espasmos de gusto, mais non tanto a xustificación da mesma. Cuatro pensa que os venres non son un día calquera e que cómpre ofrecerlle aos espectadores outro tipo de contidos, menos serios e máis dirixidos a que o pasen bomba durante o tempo libre que para eles comeza o día seguinte. Cabería dicir neste punto que se cadra non se deron conta de que hai quen se lles adiantou e ofrece ese tipo de información durante toda a semana. Tirando fóra a crónica de sucesos e de conflitos e desgrazas internacionais, que xa papa uns bos minutos, chama a atención a banalización que os telexornais veñen realizando da tarefa informativa, ampliando con desmesura o número de reportaxes sobre os sabores de xeado que máis gustan no verán ou, gran revelación, o moito que custa aparcar nas grandes cidades.

Non é cuestión de pedir que poñan sobre a mesa a diario as grandes cuestións do mundo, ou si, pero un pouco máis de atención ao substancial e menos ao chiripitifláutico axudaría a non mesturar os telexornais con, digamos “El Hormiguero”, que ese programa si está para facer rir. O fantástico da cuestión é que eu conto todo isto mentres Gabilondo xa está de fin de semana. Non o esperen no Noticias 2 de Cuatro ás oito e vinte desta noite.

Sociedade