“O histérico latexo” de Guezos sentirase en Ourense

“O histérico latexo” de Guezos sentirase en Ourense

12 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Folk, rock, bossa, swing, rumba, reggae... Os ourensáns Guezos mesturan sen complexos diversos estilos musicais á hora de facer cancións, como as 10 que conforman o seu novo disco, O histérico latexo. Un álbum que este sábado, 14 de maio, se estrea por todo o grande no Teatro Principal de Ourense. Os sete membros da banda non estarán sós, senón que os acompañarán enriba do escen

“Histéricos”, como o propio nome do álbum, aseguran estar os ourensáns con este novo traballo. Un álbum no que participan antigos membros de Guezos; Xabier Díaz de Berrogüetto; Sergio Zarraeta, Iván Varela e Ángel “Gafas” de Lamatumbá; e a rapeira viguesa Aíd.

Con O histérico latexo, o grupo tratará de conquistar novamente Galicia, sobre todo aqueles lugares nos que aínda non actuaron nos seus máis de 10 anos de andaina. Para iso, comezaron xa en marzo unha xira que os levou por diferentes puntos da xeografía galega. Este sábado, 14 de maio, é a quenda do Teatro Principal de Ourense. As entradas xa están á venda ao prezo de 5 euros. O 10 de xuño estarán no Café Cultural Auriense de Ourense, o 11 na sala Baranda do Barco de Valdeorras e o 30 na santiaguesa Sala Moon.

 

Cultura