ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Non é hora de baixar a cabeza nin de resignacións. É o momento de mobilizarnos a prol do crecemento produtivo en Galicia e do levantamento do veto a Astano”. Eran palabras do voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez quen sinalou esta mañá en Ferrol o apoio da formación nacionalista á manifestación deste sábado convocada pola plataforma Rumbo XXI. Vázquez criticou as posicións de oídos xordos da Un
Para o BNG non é de recibo que se proclame aos catro ventos o dereito á liberdade de mercado e se siga impedido a construcción de barcos pola UE. Guillerme Vázquez lembrou esta mañá a súa recente entrevista con Zapatero e reiterou a súa insistencia en levantar o veto para Navantia Fene aproveitando a presidencia española da Unión Europea. O ano pasado o propio presidente do goberno indicou no Congreso dos Deputados que este primeiro semestre sería o momento idóneo para renegociar os acordos con Bruselas.
O voceiro do BNG indicou que o levantamento ao veto de Astano sería un impulso importante nestes momentos de crise económico. Os dereitos non se regalan senón que se conquistan, segundo Guillerme Vázquez.