“Selección nacional, dereito popular”

“Selección nacional, dereito popular”

26 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Irmandiña volve vestir a camisola da faixa celeste malia que non era o previsto. Siareiros Galegos decidiu manter a vaga de entusiasmo xurdida arredor dos partidos da selección galega de fútbol que se viñan celebrando no Nadal baixo a Administración bipartita. A actual Secretaría Xeral para o Deporte retirou o apoio económico á iniciativa, pero o xogo non se detén. O campo de Santa Isabel, en Santiago de Compostela, será o escenario dun

“Xente do Depor e do Celta dixéronnos que estarían encantados de xogar, pero non lles deixan por non ser partido oficial”, láianse dende Siareiros Galegos, mais aseguran que o espectáculo será de categoría en calquera caso. A xornada servirá tamén para reivindicar a oficialidade das seleccións deportivas galegas mediante unha manifestación que partirá ás cinco da tarde da Alameda, co lema “Selección nacional, dereito popular” en cabeza. A festa rematará despois do partido cun concerto na Sala Capitol programado ás nove e media da noite e no que actuarán Machina, Mencer Vermelho e Habeas Corpus.

Deportes