“Versión Española: Amanece que no es poco” (La 2, 21.50 h.)

“Versión Española: Amanece que no es poco” (La 2, 21.50 h.)

20 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Recomendar unha película española é como dicirlle a alguén que teña coidado cando camiñe por un determinado barrio dunha cidade: inmediatamente ponse en garda. Láianse os realizadores de certa aversión innata por parte dos espectadores contra a súa propia industria, abafados por unha interminable filmografía de dramas guerracivilescos e conflitos persoais atravesados por graves abismos que aspiran a Bergman e acaban en espectáculo

José Luis Cuerda, ese home que podería exercer de Papá Noel nas campañas de Nadal sen precisar maquillaxe ou postizos, é un namorado de Galicia en xeral e Ourense en particular, mais a súa cinta máis apreciadas transcorre nunha vila de Albacete que, en pleno franquismo vive unha realidade utópica, que rite ti de Fourier e os seus falansterios. O enxeñeiro Teodoro retorna de Oklahoma para pasar un ano sabático con seu pai, que vén de matar á súa nai. Para cando chega pode participar nas eleccións municipais nas que a cada veciño se lle asigna o papel que lle tocará exercer no vindeiro ano: cura, puta, mestre, tendeiro, adúltero ou alcalde entre outros. Disidentes de Coros do Exército Ruso, estudantes do Eton College e máis fauna completan a poboación do lugar, capital do surrealismo, devota de Faulkner e Dostoievski, e museo dos costumes españois do século pasado. “Amanece que no es poco” funciona segundo a súa propia lóxica, que é ningunha, e por iso, 20 anos despois, segue a ser un acontecemento. Pásase en La 2 ás dez menos dez da noite. 

Cultura