“Viñetas desde o Atlántico” ofrecerá aos visitantes 500 orixinais

“Viñetas desde o Atlántico” ofrecerá aos visitantes 500 orixinais

10 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Salón Internacional do Cómic da Coruña “Viñetas desde o Atlántico” inaugúrase ás sete desta tarde. Ata o domingo 16 poderemos gozar de charlas, autores, e exposicións con 500 orixinais, segundo afirmou en Radiofusión o seu subdirector, Carlos Portela. A cita alcanza a XII edición combinando o repaso pola historia do “cóm

O cartel de invitados complétase cos españois Pasqual Ferry, un dos debuxantes máis internacionais, habitual colaborador nas editoriais Marvel e DC; José Fonollosa, que mostrará no Aquarium os orixinais da súa obra 'A viaxe de Darwin'; e Enrique Veigas, o pai dos “cabezones”.

As salas do evento tamén terán cabida para dous galegos que triunfan na actualidade no mundo do cómic no mercado americano: Enma Ríos e Alex Cal, que estarán cos seus seguidores nesta nova edición. De aí o carácter americano da cita, aínda que Portela insiste en que o evento caracterízase pola variedade.

 

Programa:

KIOSKO ALFONSO

(Jardines de Mendez Núñez 3, Bj)

- EXPOSICIÓN ALEX CAL

- EXPOSICIÓN VITTORIO GIARDINO

- EXPOSICIÓN ANDRÉ JUILLARD

- EXPOSICIÓN POSY SIMMONDS

- EXPOSICIÓN ENRIQUE VEGAS

PALEXCO

(Avda. Asociación de la prensa s/n)

- EXPOSICIÓN GUIONISTAS AMÉRICANOS

- EXPOSICIÓN PASQUAL FERRY

PALACIO MUNICIPAL

(Plaza de María Pita 1, Bj)

- EXPOSICIÓN SCOTT McCLOUD

SALVADOR DE MADARIAGA

(Calle Durán Loriga 10, Bj)

- EXPOSICIÓN EMMA RÍOS

- EXPOSICIÓN PREMIO CASTELAO BD 2009: MARIANO CASAS

AQUARIUM FINISTERRAE

(Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34, Bj)

- EXPOSICIÓN JOSÉ FONOLLOSA

 

Charlas e conferencias (Kiosko Afonso):

Martes 11

18:15 – 19:30 Visita guiada Expo Guionistas con Jaume Vaquer

19:45 – 21:00 Charla Emma Ríos e Alex Cal

Mércores 12

18:15 – 19:30 Charla Enrique Vegas e Jose Fonollosa

19:45 – 21:00 Charla André Juillard

Xoves 13

18:45 – 20:00 Charla Pasqual Ferry

20:05 – 21:30 Charla Vittorio Giardino

Venres 14

18:15 – 19:30 Charla Paco Roca

19:45 – 21:00 Charla Posy Simmonds

Sábado 15

18:15 – 20:30 Conferencia Scott McCloud

Cultura