“Virus” (La Sexta, 22.35 h.)

“Virus” (La Sexta, 22.35 h.)

16 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Con millóns de doses antivirais gardadas en caixas na botica da despensa pública e a poboación resistindo con enteireza propia dun siberiano o inverno máis frío que pode lembrar o noso cerebro conxelado, aos poucos van agromando as reportaxes que teorizan sobre unha gran teoría da conspiración farmacéutica para vendernos a apocalipse en forma de gripe A. O mundo enteiro esbirrou de medo e aquí estamos, tan sans como de cote, e pedindo desculpas

Xa perdemos a conta de cantos irmáns da proxenie Baldwin procuraron unha estrela no paseo da fama. Para a historia de Hollywood ficará como o seu maior logro que un deles, Alec, casou no seu día con Kim Basinger, o maior mito erótico do seu tempo. Dos demais, conformarémonos con recontar cantas películas estragaron. De William, máis noviño e do que lembramos máis o seu corte de pelo que a súa indetectable expresividade facial hai anos que nada sabemos. Fora no seu día o parteneire de Cindy Crawford na estrea e fuxida da top model do mundo cinematográfico e entre os seus últimos estragos figura “Virus”, unha cinta coportagonizada con Jamie Lee Curtis que afonda no medo global a unha pandemia. Estando el polo medio, nada pode ser normal e aquí non hai Frenadol que nos salve. Baldwin Junior loita aquí contra xermes extraterrestres que dan moito medo, o suficiente como para pensar se paga a pena conectar con La Sexta a partir das dez e media da noite.

Sociedade