1000 racións degustaranse na III Festa da Xiba de Ares

1000 racións degustaranse na III Festa da Xiba de Ares

23 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ares celebra a III Festa da Xiba no parque municipal Rosalía de Castro. Esta festa gastronómica, xa se ten convertido, a pesares da súa “xuventude”, nun referente na comarca no calendario de festas gastronómicas da época estival. A festa comezará ás 13.30 horas e prolongarase ata agotar as existencias.

A organización amósase optimista e conta repartir máis de mil racións, incluso acadar as 1.500, superando así as cifras do ano pasado. As racións venderanse a 9 euros, un prezo popular que inclúe a xiba guisada con guarnición nunha cunca de barro conmemorativa da festa, bebida (viño, auga ou refrescos) e pan. Como nas dúas edicións anteriores, haberá panos da festa, que se poderán adquirir por dous euros na carpa habilitada para a ocasión no parque Rosalía.

Esta iniciativa, que promove o Concello de Ares en colaboración coa Asociación Local de Empresarios  (Asemares) ten como principais obxectivos a dinamización e potenciación da hostalaría local.

A Banda de Gaitas Ría de Ares será a encargada de amenizar a xornada festiva, que rematará pola noite cun concerto na praza da Igrexa a cargo do grupo “La banda del camión”. Esta actuación, enmarcada dentro do programa de festas de verán de Ares, comezará ás 23.00 horas, despois da que realicen os teloneiros do concerto, “Mítico Barón”, prevista para para as dez da noite.

O concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández Lago, convidou en Radio Fene a veciños e turistas a achegarse a Ares e disfrutar da comida e dos encantos da vila aresana.
 

Sociedade