11 de marzo: Dia Mundial do Ril

11 de marzo: Dia Mundial do Ril

11 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Conmemórase hoxe o Dia Mundial do Ril. A comarca de Ferrolterra actívase para previr as doenzas derivadas deste órgano, así como para promover as doazóns. O lema deste ano será: "Protexa os seus riles, controle a diabete"

Coincidindo con esta data, no Hospital Arquitecto Marcide, no centro de saúde Fontenla Maristany de Ferrol, e no centro de saúde de Narón, haberá mesas informativas por mor deste dia.

Alcer -Asociación para a loita contra as enfermidades de Ril-  estará, entre as 10:00 horas e as 14:00, nos puntos citados para realizar unha campaña de prevención da diabete, e, relacionada con esta, da enfermidade renal.

De xeito paralelo, promoverán a doazón de transplantes de órganos e tecidos. Nestas mesas, os usuarios e usuarias destes centros sanitarios poderán obter a información que desexen e resolver as dúbidas que lles poidan xurdir. Ademais medirán a glucosa e a tensión, elementos clave no control da diabete.

Sociedade