17 maio: Falemos como galeg@s

17 maio: Falemos como galeg@s

17 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Contra a desaparición do idioma galego. Ese podería ser o lema da manifestación do Dia das Letras Galegas, convocada ás 12 do mediodia na Alameda de Santiago de Compostela pola Mesa pola Normalización Lingüística. Segundo os convocantes da marcha, a nosa lingua corre claro risco de desaparición. 30 anos de democracia eliminaron máis galegos falantes que os 40 anos de dictadura, segundo afirman.

A piques de entrar na segunda década do século XXI, o galego ve a posibilidade de convertirse a curto prazo nunha lingua morta. Só medidas urxentes e eficaces das administracións e a conciencia colectiva da sociedade pode invertir esa tendencia. Con ese criterio, a Mesa convoca unha marcha á que se sumaron máis de 600 colectivos de todo o pais. Agárdase unha participación histórica en defensa do idioma.

Cultura