180 familias pendentes do futuro de Poligal

180 familias pendentes do futuro de Poligal

10 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Comité de Empresa de Poligal S.A.U. da Gándara (Narón) vén de asinar coa dirección da empresa a prórroga do ERE. Tras o descolgue salarial dos últimos meses, o pasado 7 de xuño acordouse ampliar o prazo do expediente de regulación de emprego que afectará a todo o plantel, 180 traballadores cun límite de seis meses.

Ata o momento o ERE afectaba a 120 traballadores e tiña como prazo máximo 4 meses. Coa prórroga do mesmo preténdese garantir a empregabilidade até xuño do 2013. Esta foi a razón que levou ao Comité de Empresa a asinar o acordo segundo explicou esta mañá en Ferrol o presidente o seu presidente, Sindo Pena.

Grazas ao ERE aforraranse 750 mil euros. Porén con esta decisión, precisou Pena, a plantilla amosa unha gran responsabilidade. Se a situación de poligal era negra, agora trocamos a un gris.

Cómpre lembrar que Poligal pechou o exercición do 2010 cun déficit dun millón cincocentos un mil euros. Na opinión de Sindo Pena, a solución para a empresa pasa por enfocalo desde unha óptica de grupo empresarial.

Sociedade