ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Arredor de 200 canarios de canto timbrado español reunense desde primeiras horas desta mañá na Feira Internacional de Mostras do Noroeste en Ferrol (A Coruña). Compiten nun concurso monográfico de canto, organizado pola Unión Ferrolana de Ornitoloxia.
O concurso de canto de canario timbrado español desenvolvese en Fimo hoxe venres, mañá sábado e o domingo pola mañá. As duas da tarde do domingo clausúrase o certame, coa entrega de premios ao mellor paxaro, aos tres primeiros clasificados e ao mellor criador. O canario timbrado español é o máis abundante en Ferrolterra. Ademais ten tonalidades máis altas e é máis cultivado, que as outras duas razas de canarios cantores, o Roller alemán, e o Malinois belga.