200 tractores maniféstanse na xornada de composición do Parlamento Europeo

200 tractores maniféstanse na xornada de composición do Parlamento Europeo

15 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O SLG (Sindicato Labrego Galego), por medio da súa representante Lidia Senra, participou na xornada de protesta de onte en Estrasburgo, durante a composición do Parlamento Europeo, cunha manifestación convocada pola Coordenadora Europea Via Campesina. Na marcha participaron máis de 1.500 persoas e uns 200 tractores, que percorreron as principais rúas da cidade francesa e que rematou fronte ao organismo comunitario para reclamar solucións para a actual crise

Despois desta mobilización, as organizacións convocantes recibiron as mostras de solidariedade e apoio de eurodeputados do grupo ALE-Os Verdes, IU e o PSOE, que afirmaron que apoiarían e terían en conta as propostas presentadas para a redución da cota global europea e control da produción, para fixar uns prezos mínimos do leite.

 

 

Tamén tivo lugar outro encontro cos eurodeputados que forman parte da Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, e na que propuxeron ás organizacións convocantes desta marcha asistir á primeira reunión da nova Comisión de Agricultura, para “facerlle chegar as nosas propostas sobre o sector lácteo, que serán debatidas posteriormente nesta Comisión”.

Sociedade