31 anos de teatro en Cariño

31 anos de teatro en Cariño

08 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Manuela Varela e Alfredo Padilla interpretan “Frida”, dirixida por Jorge Rey e posta en escea pola Internacional Teatro. A obra recrea a vida da pintora mexicana Frida Kahlo, unha artista que utilizou a creación artística como ferramenta para transformar en beleza o sufrimento e a dór que padeceu. “Frida” representaráse o martes 18 de agosto ás dez da noite no Auditorio municipal de Cariño.

E unha das obras incluidas na Mostra de Teatro Galego que un ano máis se celebra na vila mariñeira. As representacións de teatro profesional prolongaránse dende o domingo 16 (Lagarta, lagarta con Aeroplanos) ata o xoves 20 (Talía teatro con Palabras Encadeadas). Tamén subirán ao esceario de Cariño o Teatro Galileo con Naúfragos (luns 17) e Produccións Teatrais Excéntricas con No comment (Mércores 19). Os trinta e un anos da Mostra de Cariño terán este ano un preludio con 3 sesións de teatro afeccionado e 4 de teatro infantil. As obras para nenos e nenas comezarán o martes 11. Trompicallo representará ese dia Jiñol, segundo informa o concelleiro de Cultura de Cariño Manuel Varela.

Cultura