3,2,1...o último de Ghazafellos

3,2,1...o último de Ghazafellos

29 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Mesturamos os títeres, con teatro xestual e con moita música” afirma o director de Ghazafellos Pepablo Patiño, arredor da obra “3.2,1...” que presentan este domingo ás seis da tarde no Auditorio municipal de Narón. O guionista, actor e manipulador de títeres de Ghazafellos é Pepablo Patiño.

Trátase dun espectáculo de teatro xestual e mímica, acompañado da manipulación de títeres e obxectos e moita música. Un astronauta chega a un planeta descoñecido. Alí atopase cunha extraterrestre que tamén chegou de exploración. Logo do estrano encontro os dous cosmonautas comezan a convivir descubrindo sentimentos que xamais sospeitarían ter. 3, 2, 1 unha obra chea de humor e tenrura.

Sociedade