ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fene celebra mañá os 40 anos de Constitución. A corporación celebra esta tarde o último pleno ordinario do 2018 e posteriormente encenderá o alumeado do Nadal.
Aniversario da Carta Magna
O concello de Fene celebra mañá 6 de decembro os 40 anos da Constitución. Faino cun acto ás 12:30 presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, e no que participarán outros grupos políticos da corporación municipal. Con música en directo do grupo Son do ar, intervirá este ano como convidado o delegado de La Voz de Galicia en Ferrol, Andrés Bellón. A veciñanza está convidada a un viño no salón de plenos municial.
Pleno
No mesmo salón celebrase hoxe ás 18:00 horas o último pleno ordinario do ano. Ao ser festivo o xoves, dia da Constitución, o pleno adiántase á tarde do mércores, ás seis da tarde. O alcalde dará a coñecer o Auto do Xulgado contencioso administrativo de Ferrol, e o Auto e a Sentenza do Recurso de apelación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación ao acontecido na presentación da Moción de censura, tanto no que concerne ao PP como a Somos Fene. Someteráse a votación a Proposta da alcaldía de modificación de créditos e recoñecemento extraxudicial de créditos. Cabe a presentación de mocións urxentes. A sesión rematará cos rogos e preguntas.
Luces de Nadal
Ao remate do pleno municipal, Fene procederá ao encendido do alumeado especial do Nadal 2018. Arcadas e adornos nos que se invisten 10.000 euros, a mesma cantidade dos últimos anos.
Publica o teu comentario agora