As 45.000 persoas que viven do mar

As 45.000 persoas que viven do mar

15 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

En Galicia son máis de 45.000 as persoas que desenvolven as súas actividades vinculadas ao mar e que dos 74 sectores de actividade existentes na comunidade, 54 están relacionados co mar. Daí, a importancia das súas tarefas en relación co ámbito comunitario, como a de representar ás comunidades autónomas españolas no seo da delegación do Estado no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea, segundo salientou a conse

A titular do departamento destacou que esta representación é un reto que “asumimos con todo o ánimo”, xa que supón dar voz ás comunidades dun dos principais estados pesqueiros de Europa en foros comunitarios. Ademais engadiu que coincide “cun momento clave para a Europa pesqueira” na que a reforma da súa política básica está en curso. 

O grupo de pesca da Comisión do Arco Atlántico está coordinado pola comunidade autónoma de Galicia. Esta estará asistida no seu labor por Highlands, en representación do Reino Unido, Bretaña por Francia e Lisboa e Vale do Tejo por Portugal. Este grupo de pesca reúnese como mínimo tres veces ao ano e as súas propostas son validadas polo Buró Político da Comisión Arco Atlántico.

Institucional