5 euros contra 7

5 euros contra 7

15 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A liña de tren entre Ferrol e A Coruña atravesa nos seus 77 quilómetros unha área poboada por 465.000 habitantes. Pero o tren tarda entre 70 e 75 minutos costando o billete 5,05 euros. O autobús sae cada media hora, tarda 45 minutos pero custa 7 euros.  Xa que logo, o aforro realizando a viaxe en ferrocarril non é despreciable. O problema é a lentitude. Mentres, o AVE xa funciona entre Santiago e Ourense e a Renfe modernizou o ferrocarril entre A Cor

7 euros fronte a 5,05. O tren é competitivo en prezos neste 2012 fronte ao autobus nos desprazamentos entre Ferrol e A Coruña. Pero o servizo de Arriva gaña por goleada en canto a tempo (45 minutos fronte a 70) e en canto a frecuencias (1 cada media hora no autobus e 5 diarios no tren).

Desprazarse individualmente cada vez é máis caro. Faise patente a necesidade de conservar o medio ambiente.  Por iso chega o momento de botar contas sobre o uso do transporte colectivo para desprazarnos ocasional ou regularmente entre a comarca de Ferrol e A Coruña.

Modernizar a liña é algo crucial se se quere convertir o ferrocarril nun transporte moderno e competitivo na gran zona urbana de Ferrol e A Coruña.  Máis alá das obras, o presidente da Asociación Ferrolterra de Amigos do Ferrocarril Manuel del Rio apunta a necesidade dunha xerencia galega da Renfe. A dirección da compañia debe estar en Galicia para saber as necesidades do tren. Un servizo de proximidade, con máis frecuencias e tarifas máis económicas» , demanda o Bloque Nacionalista Galego para a liña entre A Coruña e Ferrol. A aposta polo transporte público e especificamente polo tren, é fundamental se se quere pórlle fin aos problemas de mobilidade e reducir o impacto negativo no medio ambiente, afirman os nacionalistas.

Sociedade