500 voluntarios molláronse polos ríos galegos

500 voluntarios molláronse polos ríos galegos

28 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unhas 500 persoas mollaronse polos ríos na VIII Limpeza  simultánea celebrada onte domingo en toda Galiza. Limpáronse grandes  ríos e tamén pequenos regatos co mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e  concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados.  Por exemplo no concello de Fene acudiron á chamada de Aetna e do propio concello un total de 35 persoas que limparon os ríos Cádavo e Baa. Recolle

A VIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrouse este ano en 43 concellos de toda  Galiza, e participarán un total de 54 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos  ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino...) e tamén 5 concellos que organizan  directamente esta actividade.  Proxecto Ríos é un proxecto financiado por Augas de Galicia e a Consellería de Medio  Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Para esta actividade contamos coa colaboración de a Fundación  Biodiversidad, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, asi como os concellos de A Coruña, A Estrada,  Ames, Allariz, Arzúa, Cambre, Carballo, Fene, Gondomar, Lugo, Muxía, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadumia, Salceda de Caselas, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Teo e Tomiño. O voluntariado denuncia que a situación dos nosos ríos debe mudar, e  para iso se fan actividades como esta.

Sociedade