600.000 € da loteria primitiva quedaron en Fene

600.000 € da loteria primitiva quedaron en Fene

26 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

É a primeira vez que a administración de loteria As Meigas de Fene da un premio tan cuantioso na primitiva. Esta mañán non se falaba doutra cousa na oficina da Avenida Marqués de Figueroa, anque se descoñece a persoa agraciada cos case 600.000 € 

2, 3, 4, 5, 13 e 44 é a combinación gañadora no sorteo da Loteria primitiva no dia de onte. Un boleto agraciado con case 600. 000 € selóuse na administración de lotería As Meigas de Fene. O máis probable é que sexa un fenés ou fenesa o que resultou agraciado con case 600.000 euros. Selóuse esta semana na administración de lotería da Avda Marqués de Figueroa, pero non teñen nin idea de a quen pertence, probablemente nen o gañador saiba a estas alturas da sua fortuna, segundo nos comentaba esta mañán a empresaga desta administración, Charo Rodriguez.

É a primeira vez que As Meigas reparte un premio tan grande nesta modalidade de loteria primitiva, sí ten repartido premios no Bonoloto. Sábese que a persoa agraciada cubriu o boleto na propia oficina pero nada máis. Charo Rguez. A persoa afortunada lévase 595.323,63 € . Poderia terse levado ata dous millóns de euros, pero hai outros tres agraciados en Barcelona, Malaga e Bilbao que recibirán a mesma cantidade.

Sociedade