6PM volven cun disco de directo

6PM volven cun disco de directo

14 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Tape Worms, así se titula o agardado segundo traballo do dúo galego 6PM. Iván Oubiña e Raúl Mon volven á actualidade musical galega cun EP de cinco temas masterizados por alan Douches en New Jersey. O disco sairá á venda este venres, 17 de abril, baixo o propio selo do grupo compostelá, In Silence Recordings.

 

 

Raúl Mon asegurou en Radiofusión que en Tape Worms poderemos percibir cambios, sobre todo porque “este é un disco concibido para tocar en directo, non como ocorreu con Far from perfect. Ademais, no traballo podemos atopar unha versión do “Down the line” de José González.

O 3 de abril comezou a xira de presentación deste EP na Capitol de Compostela. Agora quedan moitos outros concertos por diante. Este venres 17 actuarán na Sala Karma de Pontevedra e ao día seguinte no Con do Moucho da Illa de Arousa. A estas citas seguiralles o 24 de abril o Campus Rock de A Coruña e a partir de maio sairán de xira polo Estado.

Sociedade