ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Disque o sete é o número máxico e místico por excelencia. Se é así, a sorte adubiará o espectáculo que este domingo, dia 7 ofrecen 7 sereas na Coruña. As entradas véndense a 7 euros. Levan 7 meses traballando nun proxecto impulsado pola concellería de Cultura da Coruña dentro do programa “Música con raices”.
Sonia Lebedinsky, Uxia, Guadi Galego, Silvia Penide, Mercedes Peón, Ugia Pedreira e Rosa Cedrón. Son as 7 estrelas da canción galega que actuarán no teatro Rosalía de Castro da Coruña. O espectáculo chámase Sereas. Yolanda Castaño presentará o concerto, e o brasileiro Paulo Borges acompañará ao piano neste punto de encontro das voces fundamentais da música galega contemporánea. Pretenden amosar o inmenso potencial creativo das sucesivas xeracións de cantoras e escritoras que as precederon e que usaron a nosa lingua e expresaron sen complexos os seus sentimentos. O concerto será un dos xeitos de celebrar o 8 de marzo, Dia Internacional da Muller Traballadora.