70 bens extraviados no mes de decembro acumúlanse na oficina de obxectos perdidos

70 bens extraviados no mes de decembro acumúlanse na oficina de obxectos perdidos

30 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Oficina Municipal de Obxectos Perdidos, ubicada na Oficina de Atención Cidadá en materia de Seguridade e Tráfico (pranta baixa do pazo municipal, xunto ao Rexistro), dispón na actualidade dun total de 65 bens que foron extraviados polos cidadáns e cidadás e entregados á dita Oficina durante o mes de decembro. A listaxe de todos eles está a disposición de toda a cidadanía na web municipal www.ferrol.es

Respecto aos bens que a día de hoxe se atopan na Oficina de Obxectos Perdidos, estes son maioritariamente carteiras, bolsos e teléfonos móbiles. Tamén recolléronse pasaportes, DNI, mochilas, un libro de familia e tarxeta de familia numerosa, permisos de conducir, chaveiros, paraugas ou pulseiras, entre moitos outros. O horario de atención ao público da Oficina de Obxectos Perdidos é de 08.00 a 14.30 horas de luns a venres e non é preciso solicitar cita previa para realizar as  consultas.. Para retirar as pertenencias é necesario presentar o DNI ou pasaporte e a descrición do ben extraviado, lugar e data aproximada da perda. Transcorrido o prazo de dous anos en depósito e se o obxecto non foi reclamado polo dono, notificarase ao achador, que poderá retiralo no prazo dun mes.  

Sociedade