Aberto o período de consultas do Plan de Urbanismo de Fene

Aberto o período de consultas do Plan de Urbanismo de Fene

29 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ata o 19 de xaneiro permanece aberto o período de consultas da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Fene. O goberno municipal entregoulle aos grupos da oposición unha copia en CD do documento de arredor de 500 folios. Pódese tamén consultar na rede. A revisión e nova redacción do Plan adxudicouse en xaneiro deste ano á empresa Arqyur por un importe de 200.042 euros. Conta cun prazo de execución de 32 meses.

A Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestuturas da Xunta de Galicia ven de publicar o documento de información e diagnose da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Fene. O período de consulta permanecerá aberto até o 19/01/2011. O documento pódese consultar aquí.

Sociedade