Aberto o prazo para apuntarse ás escolas deportivas de Vilalba

Aberto o prazo para apuntarse ás escolas deportivas de Vilalba

28 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A partir de hoxe aqueles que queiran aprender ou perfeccionar algún deporte pódeno comezar a facer nas escolas deportivas de Vilalba, xa que está aberto o período de inscrición para as mesmas e que durará ata o 9 de outubro. Para poder apuntarse deben acudir á oficina de Deportes do Concello, situada na segunda planta do edificio da Casa Consistorial, de 9 a 14 horas.

As modalidades deportivas ofertadas serán a Loita Olímpica, a Ximnasia Rítmica e o Baloncesto (a partir dos 5 anos); o tenis, fútbol, fútbol sala e iudo (a partir dos 6 anos); o triatlón (a partir dos 9) e o aeróbic e Ioga, a partir dos 10.

 

 

A tarifa única será de 30 euros por actividade e alumno, habendo unha redución de 15 € por irmán. Durante o mes de xaneiro haberá un segundo prazo de inscrición, cuxa tarifa será de 15 € e os alumnos non poderán incorporarse ás actividades ata febreiro.

 

O obxectivo do Concello é ampliar o número participantes con respecto á edición do ano pasado, que obtivo un gran éxito, xa que contou con 531 alumnos. As disciplinas deportivas con mais inscritos no 2008-2009 foron o fútbol sala con 120, o aeróbic, con 115, seguidos polo tenis, con 80, e a ximnasia rítmica, con 60. Cun menor número de apuntados estiveron o Iudo, con 40; o Ioga, con 36; o fútbol, con 30; a loita olímpica, con outros 30; e o baloncesto e o triatlón con 10.

Deportes