Aberto o prazo para as subvencións de programas de interese social ou asistencial

Aberto o prazo para as subvencións de programas de interese social ou asistencial

28 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A concelleira de Benestar Social e Muller, María López, anunciou esta mañá a convocatoria pública de subvencións dirixidas a asociacións e entidades asistenciais que desenvolvan proxectos en áreas como a de infancia e familia, diversidade funcional e enfermidades crónicas, persoas maiores, colectivos vulnerables ou en risco de exclusión, inmigrantes e drogodependencias e outros hábitos adictivos. O Concello de Ferrol destinar&aacut

O prazo para presentar as solicitudes está xa aberto despois da publicación o pasado xoves no Boletín Oficial da Provincia (BOP) das bases reguladoras para a concesión destas axudas -por un período de trinta día naturais contados desde o venres, 25 de marzo-. Os interesados en optar ás achegas xa poden presentar a súa instancia no Rexistro Xeral do Concello, ubicado na planta baixa do pazo municipal, acompañada do programa que se pretende levar a cabo. 

Quedarán excluídas desta convocatoria as actividades propias dos clubs deportivos, as actividades docentes previstas nos plans de ensino, as que teñan unha canle específica de subvención por parte doutros sectores do Concello, as que procuren algún tipo de lucro para os seus promotores ou supoñan unha discriminación por razóns de sexo, raza, lingua ou relixión. Tamén quedarán á marxe as actividades realizadas pola administración pública e as entidades que dependan dela orgánica e orzamentariamente. Neste senso, a edil de Benestar Social e Muller informou dos requisitos para optar ás ditas subvencións por parte das entidades sociais: estar constituídas legalmente e levar a cabo actividades dirixidas á promoción da información, actividades asistenciais e sociais, formativas dirixidas á poboación en xeral ou colectivos específicos ou que faciliten a incorporación social.  

Un órgano de avaliación será o encargado de valorar as solicitudes dacordo cos criterios fixados nas bases. Estes son a adecuación dos proxectos presentados ás necesidades detectadas na área de Benestar Social, a súa calidade e a súa coordinación con entidades e administracións públicas (é dicir, se complementan a oferta dos servizos da Área municipal de Benestar Social) ou a súa solvencia e capacidade técnica. O interese social do proxecto e dos obxectivos xerais e específicos, o nivel de cobertura poboacional e o grao de innovación tamén se valorarán. Nos criterios de avaliación inclúense tamén a perspectiva de xénero na formulación do proxecto e na difusión de resultados, a promoción da participación cidadá e dinamización comunitaria, da extensión social da lingua galega ou o intercambio e participación activa das persoas para a execución do proxecto.

Sociedade