Abraham Boba presenta “La educación” ao vivo en Lugo

Abraham Boba presenta “La educación” ao vivo en Lugo

28 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Acompañado dun piano de cola e da súa banda, así estará enriba do escenario do Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo o vigués Abraham Boba, afincado na actualidade en Madrid. O artista presentará o seu novo e segundo traballo, La educación, no que atoparemos cambios na instrumentación con respecto ao seu anterior álbum hom&

Abraham Boba chega a Lugo despois de presentar La educación na súa cidade natal a pasada semana, concretamente no Teatro Salesianos. Entón optou por un formato máis íntimo e tranquilo, no que presentou as novas composicións en acústico e sen banda. En Lugo estará acompañado da súa formación e do piano de cola que lle brinda o Círculo das Artes lucense.

O vigués está a compaxinar o seu proxecto persoal coa presentación do novo disco de Nacho Vegas, El Manifiesto Desastre, xa que é o teclista da banda do asturiano. Unha oportunidade que, segundo Boba, lle serve para ir collendo experiencia.

La educación xa saíu á venda en formato CD, vinilo e álbum dixital baixo o selo Limbo Starr. Once temas nos que atoparemos a habitual e natural elegancia musical do galego. Desde a discográfica afirman que Abraham Boba dá a benvida a “un pop de salón que o emparenta con Scott Walker, o Cohen de Death of a Ladies Man ou Richard Hawley”.

 

Sociedade