Abrindo as 11 portas do inferno

Abrindo as 11 portas do inferno
26 de Maio, 2021 - 12:18 h. | Publicada por Radio Fene

Escena no cemiterio. Diante dun sepulcro dialogan o sobriño dunha vítima da represión franquista e a sobriña dun miliciano, un paseador, un verdugo. É parte do documental “Dores” que se pode ver ata este domingo 30 de maio inclusive na plataforma filmin. Catro mozas, Laura Piñeiro, Maite Martinez, Clara Miñán e Coral Piñeiro elaboraron o guión, fixeron a produción, rodaron, editaron e montaron.

ESCOITA O PODCAST:
Maite Martinez, Clara Miñán, Laura e Coral Piñeiro

Elas descoñecían a existencia de campos de concentración franquistas. Leron unha noticia que falaba das 11 portas do inferno, dos 11 campos de concentración que funcionaron en Galicia despois de 1939, explica Maite Martinez.
Na información dos casos de violencia de xénero moitas veces dise: Unha muller morre. Evitase dicir así que é un home o que mata á súa parella ou ex-parella. Na represión franquista obsérvase un mecanismo similar. Falta tamén esa parte de contar quen foron os paseadores, os verdugos. Iso pódese relatar sen rancor, segundo a directora do documental Coral Piñeiro 
Hai moito descoñecemento sobre un pasado ainda relativamente recente, porque non se tomaron no seu momento as medidas necesarias para visibilizar e recoñecer moitos feitos que tiveron lugar baixo o réxime de Franco, indica Clara Miñán. O documental Dores inclúe a conversa nun cemiterio entre o sobriño dun paseado e a sobriña dun represor. Foi superagradecido e emocionante xuntar ao familiar da vítima e do verdugo, segundo Laura Piñeiro. Especialmente non momento de gravar, cando eles se coñeceron. Hai consecuencias da represión e da ditadura que aínda seguen presentes, afirman as mozas produtoras do documental “Dores”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora