Acabouse a pataca da semente

Acabouse a pataca da semente

23 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Xa poden as leiras dar, colleitas ben abondosas, …” Con esa esperanza moitos veciños e veciñas de Fene preparan as terras para a plantación das patacas nestes remates do mes de abril. En San Sadurniño, Monfero ou Vilalba ainda agardan que pasen as últimas xeadas para sementar o tubérculo.

“A pataca da semente acabouse” afirma o xerente de Agropesca de Perlío, Eusebio López, que xustifica a saida do produto no elevado volume de xente que este ano decidiuse a botar as patacas. Nas ribeiras de ría de Ferrol, a sementeira realizábase habitualmente en marzo, pero neste exercicio as choivas provocaron un retraso no labor. Para a plantación en autoconsumo, Eusebio López recomenda un estercado orgánico e a utilización de marcos de plantación ben amplos. “Así o ataque do mildiu redúcese á metade,  ao limitar a falla de aireación, o exceso de temperatura e humidade” conclue.

Sociedade