A Academia decide as Letras Galegas do 2010

A Academia decide as Letras Galegas do 2010

27 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Ricardo Carvalho Calero ou Uxío Novoneyra. A sorte está no ar. O pleno da Real Academia Galega reúnese este sábado 27 ás 11 da mañá nos seus locais da Coruña para decidir o persoeiro ao que se adica o Dia das Letras Galegas do 2010. Nos últimos meses formáronse grupos de apoio ás candidaturas de Uxio Novoneyra e de Carvalho Calero. O polígrafo ferrolán reuníu ademais os apoios dos Concellos de seis das  se

A case un ano de calendario de distancia, albiscamos xa o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas. Cómpre facelo, porque a decisión sobre o egrexio persoeiro da cultura do país que recibe a homenaxe péchase con antelación. Son moitos os nomes que cada ano asoman no correo da Real Academia Galega, na rúa Tabernas da Coruña, mais, se xogamos ás apostas, dous son os favoritos que figuran na quiniela literaria: o lucense do Courel Uxío Novoneyra e o ferrolán Ricardo Carvalho Calero. Son estes nomes os que mereceron unha maior campaña popular de apoio, especialmente o polígrafo autor do primeiro estudo sobre a literatura galega contemporánea. Por Carvalho Calero apostan seis das sete cidades galegas, agás Lugo que defende ao seu veciño, e fixérono mediante unha proposta por escrito que responde ás peticións da Fundaçom Artabria e a Asociaçom Galega da Lingua.

O autor ferrolán, que tratou todos os xéneros, considerouse sempre poeta, mais poeta inequivocamente foino Novoneyra. Evaristo Méndez, da Asociación Fonte do Milagro do Caurel, unha das máis decididas na defensa da candidatura do lucense lembra que a súa influencia trascende as fronteiras de Galicia e chega a países como Brasil ou Xapón, dende onde apareceron adhesións á súa causa.

O calendario tamén xoga a prol destes dous candidatos. 2010 é o ano do décimo aniversario do pasamento de Uxío Novoneyra, máis os defensore da aposta por Ricardo Carvalho Calero lembran que no seu caso haberá 20 anos que finou, pero tamén un século dende que naceu. Se algo pode xogar na súa contra, lembra Mauricio Castro, é que o ferrolán foi defensor da unidade lingüística co portugués, algo ao que a Academia sempre foi remisa.

No bando de Novoneyra conceden que existe certa rivalidade entre as candidaturas, máis salientan que iso é síntoma de que a cultura galega está viva.

Os seguidores dos dous egrexios autores agardan que o conxunto de académicos resolva ao seu favor, pero non desbotan a sorpresa. Ademais, segundo Mauricio Castro, da Fundación Artabria, existen sempre outros intereses e consideracións políticas para o nomeamento que van máis alá do mérito curricular dos autores.

Como terceiro en discordia xurde a figura do escritor e militar do Bierzo Antonio Fernández y Morales (Astorga, 1817; Cacabelos, 1896) a quen se lle atribuie a autoría do primeiro texto escrito en galego, dado que os seus Ensaios poéticos en dialecto berciano, datan de 1861, dous anos antes dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. A súa canddatura conta inicialmente con poucas posibilidades, dado que incluso os seus promotores falaban da idoneidade do 2011, ao cumprírense nesa data os 150 anos da publicación do seu libro.

 

Os expertos no mundo da Real Academia Galega néganse en calquera caso a facer pronósticos, dado que ao ser o voto secreto, é unha incognita cara onde se vai inclinar a vontade dos membros do plenario. 

Cultura