ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Do 1 ao 7 de agosto terá lugar no Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene a Semana Lúdica e Deportiva organizada pola concellería de Cultura e Deportes. Nas instalacións de San Paio levaranse a cabo todo tipo de deportes e obradoiros, así como xogos tradicionais, pensados para aqueles nenos e nenas nados entre 1997 e 2003.
O número de prazas limítase a 50. O horario das actividades é de luns a venres, de dez da mañá a dúas do mediodía. Na fin de semana, as actividades comenzará o sábado ás catro da tarde coa acampada nocturna nas propias instalacions do CMI Unidade de Fene, e rematarán o domingo ás 12:00h.
A inscripción para participar na Semana Lúdica e Deportiva pode facerse nas dependencias administrativas da Comisión de Cultura, Deportes e Xuventude de Fene, sitas na Avenida naturais, 44, entrechá dereita. O prazo para anotarse remata nunha semana, o día 22 de xullo. A contía da inscripción é de 21.95€.
Para máis información sobre estas actividades está dispoñible o seguinte número de teléfono: 981 34 03 66.