Achégase a Noite das Pepitas en Ferrol

Achégase a Noite das Pepitas en Ferrol

13 de Marzo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A pesar de que o tradicional é celebrar a Noite das Pepitas o 18 de marzo, víspera de San Xosé, ao non ser agora dia festivo o 19 , a celebración adáptase á fin de semana. Celébrase este sabado dia 16.

 Ás 11,30 da mañá o Teatro Jofre engalánase para os actos institucionais que inclúen a recepción das madriñas por parte do alcalde e a renovación do irmanamento co concello de Mondoñedo. Ás 18.00h concentraranse as rondallas na Praza de Armas e dalí marcharán cantando rumbo á de Amboaxe onde actuarán dende as 20.00h no escenario habilitado para iso, o mesmo que unha gran carpa acollerá ao público. 

Tapéate

Como complemento desa noite na que moitos ferrolán se botán á rua e aos bares, 42 establecementos que participan na campaña Tapéate Ferrol proporcionarán o avituallamento aos rondallistas e ás rondadas.
O Concurso de tapas que empezou o dia 1 e rematará o domingo 24 de marzo. As mellores tapas a 2€, con sorteos e bo ambiente, de xoves a domingo.

Sociedade