AchegArte a Palexco

AchegArte a Palexco

02 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

28 concertos, 14 representacións teatrais e seis espectáculos de danza, ademais de obradoiros, presentacións, conferencias e espectáculos de maxia, compoñen a programación de AchegArte, unha feira dedicada á visibilización da cultura do país que abre este sábado as súas portas na Coruña. O evento, organizado pola Concellería

AchegArte arrinca este sábado, ás once e media da mañá, e desenvolverase ao longo da fin de semana en Palexco incluíndo no seu programa máis de 120 actividades con entrada de balde. Instalaranse dous escenarios de música polos que pasarán Luar na Lubre, Doa, Duplo Son ou Bellón Maceiras, entre outros. Tamén haberá concertos pensado para o público infantil: Pablo Díaz e o grupo Tic-Tac, Pel de noz, Magín Blanco co seu proxecto A nena e o grilo, Pesdelán. Asemade, os nenos serán protagonistas da programación audiovisual, na que destaca a preestrea do filme A Casa da luz. En canto á danza, inclúense as actuacións de Danesga, Aula de Danza da UDC, As Driadas ou Nova Galega de Danza.

Unha das novidades do programa son os Cara a Cara, encontros nos que dous creadores e un xornalista conversarán sobre os seus últimos traballos, sobre o proceso da creación, os públicos ou os medios. Por esa mesma liña da reflexión, camiñan propostas como Espazos Vertebrados, o Chat ao vivo ou os encontros sectoriais.

Sociedade