Adoitanse medidas urxentes para mellorar a seguridade da Praza de España

Adoitanse medidas urxentes para mellorar a seguridade da Praza de España

04 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concelleiro de Medio Ambiente e Urbanismo do Concello de Ferrol, Guillermo Evia Pérez, deu orde ás empresas que se ocuparon dos traballos da superficie da Praza de España de levar a cabo melloras urxentes. O obxectivo desta medida é evitar que se produzan incidentes como o acontecido a semana pasada, cando unha lousa dun dos testos esborrallouse sobre a perna dunha anciá.

Ao respecto, Guillermo Evia explicou que dende o seu departamento se deu orde ás empresas para que retiren os devanditos testos ou os substitúan por outros máis seguros que os actuais. O titular de Urbanismo tamén deu instrucións para que se proceda ao cambio dos parafusos que suxeitan as tarimas de madeira habilitadas para terrazas, ao non axustarse ao proxecto inicial encargado pola Administración ferrolá, e que reparen as láminas de madeira que se atopan levantadas en distintos puntos.

Evia adoptou estas medidas tras  reunirse coa dirección de obra e encargar un informe aos técnicos municipais sobre as deficiencias que presenta a superficie da Praza de España e, en concreto, sobre o estado dos grandes testos instalados no cuadrienio pasado.

Sociedade