Agasallo para Xaquín Marín

Agasallo para Xaquín Marín
06 de Outubro, 2023 - 02:22 h. | Publicada por Radio Fene

“Se Galiza desaparece sempre nos quedaría Xaquín Marín”, afirma Xosé Manuel  Carril, presidente da Fundación Galiza Cultura que organiza este sábado, ás sete da tarde, no Teatro Xofre de Ferrol, unha homenaxe ao ilustre debuxante fenés “un mestre capaz de dicir moito con pouco texto e imaxes”

ESCOITA O PODCAST:

Humor galego feito a man. Un agasallo para Xaquín Marín. É o lema da homenaxe que organiza a Fundación Galiza Cultura como agradecemento ao seu humor galego feito a man. “Unha maneira de agradecer todo o que fai e amosarlle o noso cariño e o noso amor”, declarou a Radio Fene Xosé Manuel Carril, presidente da Fundación Galiza Cultura. “Soubo partir da tradición iniciada por Castelao e proxectala”. Música e intervencións de humoristas gráficos e profesionais do ámbito artístico, como Siro e Pepe Barro, da responsable do Museo do Humor Xaquín Marín de Fene, Almudena Marcos. Como mestre de cerimonias actuará Quico Cadaval. Homenaxe a Xaquín Marín mañá, ás sete da tarde, no Xofre. Aberto a todas as persoas que queiran sumarse. 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora