Agustín Hernández afirma que non haberá AVE en Galicia até o 2018

Agustín Hernández afirma que non haberá AVE en Galicia até o 2018

10 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O Conselleiro de Medio Ambiente acusa ao Ministerio de non cumprir os prazos acordados no Pacto do Obradoiro, realizando recortes presupuestarios que supoñen un retraso para a chegada do AVE á nosa comunidade.

Así de claro mostrábase Agustín Hernández, Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, quen manifestou as súas dúbidas sobre o cumprimento dos prazos acordados no Pacto do Obradoiro polos que o AVE chegaría a Galicia no 2015, criticando a resposta do goberno socialista ante o informe que a Xunta presentou con estes datos. 

 

 

Hernández achaca estes sucesivos retrasos e paralizacións nas obras a problemas presupuestarios que segundo a súa opinión tratan de agocharse tras problemas técnicos inexistentes, polo que pide ao Ministro Blanco, ao que acusa de cómplice deste illamento do noroeste, que diga a verdade á sociedade galega. 

 

Ademais, o Conselleiro amosouse moi crítico coa actitude do Ministerio, solicitando a celebración dunha Comisión de Seguimento do Pacto do Obradoiro para deixar claro a data na que o AVE poderá chegar a Galicia, asegurando que segundo os seus estudos, non poderá ser antes do 2018.

Institucional