Alberto Paz non poido levarse a banda de Míster España 2009

Alberto Paz non poido levarse a banda de Míster España 2009

02 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O xogador do Cultural Maniños Alberto Paz, Míster Coruña, chegou ata o último corte onde estaban os 12 mellores candidatos de España. Non poido ser e Míster Zaragoza 2009 levouse o máximo galardón da gala que se celebrou esta pasada fin de semana na illa de Lanzarote.

O rapaz Guillermo García en representación da provincia de Zaragoza é o novo Míster España 2009. O noso protagonista, o xogador do Cultural Maniños Alberto Paz quedou na serie finalista. A súa carreira no difícil mundo dos “homes guapos” comezou no pase de modelos de Dolce Vita-Odeón en   Narón. A partir de aquí a súa fama foi “in crescendo” ata chegar a Míster Coruña 2009 e a participar na gala de Lanzarote.

Deportes